Dispoñibilidade da páxina de Listas de correo en alemán e galego.

Dispoñibilidade da páxina de Listas de correo en alemán e galego.

Lista de correo.O noso sitio web «En corpo e alma», dedicado a dar a coñecer as chamadas terapias da alma, dispón dun sistema de Listas de correo, para poder recibir as novidades nos vosos enderezos de correo electrónico.

Hai unha páxina dentro do noso sitio web onde se permite xestionar as altas e baixas dos correos electrónicos, así como as modificacións nas preferencias das listaxes. Os envíos actualmente pódense recibir en tres idiomas: castelán, catalán e inglés.

Esta páxina da Listas de correo está dispoñible tamén en alemán e galego. Agradecemos a súa colaboración ás persoas que fixeron posible estas traducións; entre elas podemos mencionar ao profesor de Lingua galega Vicenzo Reboleiro González.

Equipo da web «En corpo e alma».
Xoves, 10 de Marzo de 2022.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazóns das versións novamente dispoñibles da páxina:

Bandeira alemá animada.Deutsch:

Mailinglisten der Webseite „In Körper und Seele“.

Wir stellen Ihne einen Messenger-Service mit dem “PHP List” System zur Verfügung, um Ihnen die Neuigkeiten der Webseite “In Körper und Seele” mitteilen zu können. Die Mitteilungen beziehen sich auf die spirituelle Entwicklung durch die Reinkarnation mit Hilfe von Zeugenberichten sowie den Praktizierenden der Therapie der vergangenen Leben (TVL) und der Therapie der geistigen Besessenheit. Die grundlegende Definition unserer Ziele ist über diesen Link einzusehen (…)“.

https://animaweb.cat/de/llistes-de-correu/

Bandeira galega animada.Galego:

Listas de correo do sitio web «En cuerpo y alma».

«Temos á vosa disposición un servizo de mensaxería, mediante o sistema “PHP List”, para darvos a coñecer as novidades do sitio web “En cuerpo y alma”. As noticias están relacionadas coa evolución espiritual mediante a reencarnación coa axuda das testemuñas, como os dos practicantes da Terapia de Vidas Pasadas (TVP) e a Terapia da Posesión Espiritual (TPE). A definición fundacional dos nosos obxectivos está determinada nesta ligazón (…)».

https://animaweb.cat/gl/llistes-de-correu/

Entrevista al Doctor Michael Newton por Mary Arsenault en gallego.

Entrevista ao Doutor Michael Newton por Mary Arsenault en galego.

Bandeira galega animada.Partillamos con vós a entrevista concedida por Mary Arsenault ao Doutor Michael Newton e publicada no seu momento en Wisdom Magazine, esta vez na fermosa lingua de Castelao.

Agradecemos ao profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González a tradución do texto á lingua galega.

Equipo da web «En cuerpo y alma».
Domingo, 9 de xaneiro de 2022.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón á páxina en lingua galega:

A Mente: unha entrevista co Doutor Michael Newton, por Mary Arsenault.
Wisdom Magazine. Mércores, 1 de decembro de 2004.
En 1994, a vida tal como a coñecemos, con todas as súas preguntas angustiosas de por que estamos aquí e cara a onde imos, chegou ao seu fin coa publicación de Journey of Souls (Viaxe das Almas), do Doutor Michael Newton. Neste libro (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Caso de aborto. Texto en galego dunha infografía.

Caso de aborto. Texto en galego dunha infografía.

Bandeira galega animada.Temos à disposición dos internautas en lingua galega a páxina co texto da infografía (BEG) dunha paciente que perdera o bebé estando embarazada, debido a un accidente involuntario.

Agredecemos ao Doutor José Luís Cabouli as facilidades aportadas e ao Profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González a tradución do texto ao galego.

Equipo da web «En cuerpo y alma».
Mércores, 1 de Decembro de 2021.
Tradución da entrada: Vicenzo Reboleiro González.

Enlace da páxina en lingua galega:

Caso de aborto. Terapia da posesión espiritual.
«A BEG (Bioelectrografía) corresponde a unha muller de trinta e cinco años que perdeu un embarazo de tres meses como consecuencia dun accidente. A muller refería medo e culpa porque o accidente se debeu a unha imprudencia súa. A BEG foi obtida durante a sesión de regresión, xusto no momento en que a paciente expresou o seguinte: “Neste momento sinto que o bebé está dentro da miña cabeza” (…)».
Imaxe da BEG: Raúl Torres, do libro do Doutor José Luís Cabouli. Terapia de la posesión espiritual. Técnica y práctica clínica (Terapia da posesión espiritual. Técnica e práctica clínica). Editorial Índigo. Página 397.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Bibliografía da Doutora Viviana Zenteno en lingua galega.

Bibliografía da Doutora Viviana Zenteno en lingua galega.

Bandeira galega animada.Os internautas en lingua galega poden acceder á páxina da bibliografía da Doutora Viviana Zenteno en dita lingua, coa sinopse de cada un dos libros editados na actualidade.

Agradecemos á Doutora Zenteno as facilidades aportadas e ao Profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González pola tradución desta páxina á lingua de Eduardo Pondal.

Equipo da web «En cuerpo y alma».
Mércores, 1 de Decembro de 2021.
Tradución da entrada: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón á páxina en lingua galega:

Bibliografía da Doutora Viviana Zenteno.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Caso clínico de Katia en lingua galega.

Caso clínico de Katia en lingua galega.

Bandeira galega animada.Informámosvos que os internautas que empregan o galego poden dispór da lectura na súa lingua do caso clínico de Katia, conducido pola Doutora Viviana Zenteno.

Agradecemos, máis unha vez, á Doutora Zenteno o ternos permitido reproducir o seu caso no noso sitio web, tanto na lingua castelá orixinal como nas súas traducións, así como ao Profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González pola tradución deste caso á lingua de Rosalía de Castro.

Equipo da web «En cuerpo y alma».
Domingo, 31 de Outubro de 2021.
Tradución da entrada: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina en lingua galega:

Katia. Caso Clínico.
Mércores, 1 de Outubro de 2014. Terapeuta: Doutora Viviana Zenteno.
Katia (45) comprende nesta regresión o motivo dunha renuncia amorosa. Anos atrás ela era libre, mais el non, e era unha figura pública.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista á Doutora Viviana Zenteno para Terra Networks en galego.

Entrevista á Doutora Viviana Zenteno para Terra Networks en galego.

Bandeira galega animada.Os internautas que utilizan a lingua galega xa poden ler a entrevista concedida á Doutora Viviana Zentento para Terra Networks Chile, na súa lingua materna. Lembremoss que a Doutora Zenteno foi Presidenta da Asociación Chilena de Terapeutas de Vidas Pasadas (ACHTEVIP) e publicou até tres libros que tratan da terapia regresiva, sendo un destes volumes dedicado á aprendizaxe desta técnica.

Desde aquí, o noso agradecemento ao Profesor Vicenzo Reboleiro González pola súa tradución á lingua de Castelao.

Equipo do sitio web «En cuerpo y alma».
Domingo, 10 de outubro del 2021.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da entrevista traducida á lingua galega:

Doutora Viviana Zenteno. As regresións como terapia da alma. Entrevista Terra, 6-5-2010.
Entrevista Terra Networks Chile.
Xoves, 6 de Maio de 2010.
A través desta técnica, o pasado mestúrase co presente e actívanse unha serie de feitos que non están no consciente.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para o xornal «Reforma» en galego.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para o xornal «Reforma» en galego.

Bandeira galega animada.Informámosvos que publicamos dentro do apartado de «Entrevistas» do noso sitio web, a tradución ao galego da entrevista que concedeu o Doutor José Luís Cabouli para o xornal «Reforma» de México. Con esta versión xa temos traducidas neste idioma as cinco entrevistas concedidas até a actualidade ao mencionado terapeuta.

Reforma. Logo.Agradecemos o labor do profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González, que fai posible que as nosas páxinas estean dispoñibles neste idioma. Lembramos que se accededes ao noso sitio web nun teléfono móbil ou celular ou noutro dispositivo de pantalla reducida, podedes desplegar os apartados que permiten acceder ás diferentes páxinas pulsando o campo que di «Menu».

Equipo do sitio web «En corpo e alma».
Mércores, 8 de Setembro de 2021.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación informámosvos da ligazón da entrevista dispoñible en galego:

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli no xornal Reforma, México DF.
por Natalia Vitela, México, 26 de Agosto de 2006.
Algunha vez experimentou que o que pensa, di e actúa non é vostede e que o fai motivado por unha vontade allea á súa? Se é así non descarte a posibilidade de estar «posuído» (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para «La Verdad» en galego.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para «La Verdad» en galego.

Bandeira galega animada.Os internautas en lingua galega dispoñen a partir de agora da entrevista que lle foi concedida polo rotativo La Verdad ao Doutor José Luís Cabouli.

Nesta entrevista, enterámonos que, con frecuencia, se dan casos de almas de irmáns que morreran e que tentan volver nacer dos mesmos pais.

Agradecemos esta tradución ao profesor Vicenzo Reboleiro González, que fai posible que esta páxina se poda ler na lingua de Rosalía de Castro.

Equipo del sitio web «En corpo e alma».
Venres, 16 de Xulio de 2021.
Tradución de entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación vos informamos da ligazón da entrevista dispoñible en galego:

José Luís Cabouli: «Hai casos de xente coa alma de irmáns mortos».
La Verdad (A Verdade). Venres, 25 de maio de 2012.
O experto utiliza unha técnica de regresión a vidas pasadas para resolver conflitos e problemas psicolóxicos dos seus pacientes (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista ao Doutor Brian Weiss para a revista Athanor en galego.

Entrevista ao Doutor Brian Weiss para a revista Athanor en galego.

Bandeira galega animada.Temos á disposición de todos os internautas de lingua galega a entrevista que concedeu o Doutor Brian Weiss para a Revista Athanor e que foi publicada no seu número de Setembro-Outubro de 2002.

Agradecemos ao profesor Vicenzo Reboleiro González esta tradución que estará a partir de agora á disposición dos falantes da fermosa lingua de Castelao.

Con esta tradución chega mais lonxe o coñecemento dunha das máis importantes escolas de terapeutas da alma, encabezada por este Doutor en Psiquiatría nacido na Costa Leste dos Estados Unidos.

Equipo do sitio web «En corpo e alma».
Domingo, 13 de Xuño de 2020.
Tradución de entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación informámosvos da ligazón da entrevista dispoñible en galego:

Regreso á Paz. Entrevista a Brian Weiss.
Revista Athanor. Número 35. Setembro-outubro de 2002. Páxinas 15-18.
Entrevistador: Josep Agustín. Intérprete: Loto Perrella. Fotógrafa: Natalia Campoy.
Como estar en paz cun mesmo e, por conseguinte, con todo, é quizá a fórmula máxica máis procurada desde sempre polo ser humano. Ao ser recibido polo doutor Brian Weiss no hotel e durante toda a entrevista, fomos acompañados pola tranquilidade, o bo humor e o carácter atento desta persoa (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.