{"id":57,"date":"2018-01-18T00:19:43","date_gmt":"2018-01-17T22:19:43","guid":{"rendered":"http:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/?page_id=57"},"modified":"2022-08-01T20:59:02","modified_gmt":"2022-08-01T18:59:02","slug":"la-ment-una-entrevista-amb-el-dr-michael-newton-per-mary-arsenault","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/la-ment-una-entrevista-amb-el-dr-michael-newton-per-mary-arsenault\/","title":{"rendered":"A Mente: unha entrevista co Doutor Michael Newton, por Mary Arsenault."},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: x-large\"><b>A Mente: unha entrevista co Doutor Michael Newton, por Mary Arsenault.<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright wp-image-785 size-full\" title=\"Wisdom Magazine. Logotipo.\" src=\"https:\/\/animaweb.cat\/files\/2020\/01\/Wisdom_Magazine_Logotip_72ppp_200x72px.png\" alt=\"Wisdom Magazine. Logotipo.\" width=\"200\" height=\"72\" \/>Wisdom Magazine.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><i>In memoriam, Michael Newton (1931-2016).<\/i><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>M\u00e9rcores, 1 de decembro de 2004.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Doutor Michael Newton.<\/span><\/span><\/p>\n<figure id=\"attachment_58\" aria-describedby=\"caption-attachment-58\" style=\"width: 113px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-58 size-full\" title=\"Doutor Michael Newton.\" src=\"https:\/\/animaweb.cat\/files\/2018\/01\/Doctor_Michael_Newton.gif\" alt=\"Doutor Michael Newton.\" width=\"113\" height=\"112\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-58\" class=\"wp-caption-text\">Doutor Michael Newton.<\/figcaption><\/figure>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">En 1994, a vida tal como a co\u00f1ecemos, con todas as s\u00faas preguntas angustiosas de por que estamos aqu\u00ed e cara a onde imos, chegou ao seu fin coa publicaci\u00f3n de <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"en-US\"><b>Journey of Souls<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b> (Viaxe das Almas)<\/b><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">,<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"> do Doutor Michael Newton. Neste libro, que era a culminaci\u00f3n de m\u00e1is de 20 anos de investigaci\u00f3n coa regresi\u00f3n hipn\u00f3tica de m\u00e1is de 7.000 clientes na s\u00faa <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><i>Vida entre vidas<\/i><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">,<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"> o Doutor Newton presenta alg\u00fans descubrimentos sorprendentes sobre a nosa existencia continua no terreo espiritual despois da morte f\u00edsica. Entre estes descubrimentos enc\u00f3ntrase: que se sente ao morrer, que se ve e sente inmediatamente despois da morte, o encontro dos nosos gu\u00edas espirituais, a orixe e significado das almas xemelgas, o prop\u00f3sito da vida, e as manifestaci\u00f3ns dun \u00abcreador\u00bb. No seu primeiro libro utilizou o estudo de 29 casos, trazou a secuencia dos acontecementos que experimenta unha alma desde o momento da s\u00faa morte f\u00edsica at\u00e9 a s\u00faa decisi\u00f3n de regresar outra vez ao plano f\u00edsico.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">No segundo libro, <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"en-US\"><b>Life between lives<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b> (O Destino das Almas)<\/b><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">,<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"> publicado no 2000, e clasificado como \u00abo Mellor Libro Metaf\u00edsico do Ano\u00bb na feira do libro Book Expo de Chicago, o Doutor Newton explora con m\u00e1is detalle o funcionamento interior do \u00e1mbito espiritual coa presentaci\u00f3n doutros 67 casos. Os temas tratados incl\u00faen os planos astrais, os sistemas grupais de almas e a din\u00e1mica de comunidade, o consello dos anci\u00e1ns, o progresar da alma, as li\u00f1as do tempo, as elecci\u00f3ns do corpo, como os esp\u00edritos se comunican cos vivos, e moito m\u00e1is. Estes dous libros, que foron ambos os dous best-sellers e traducidos a m\u00e1is de vinte e cinco idiomas, incl\u00faen o que se pode considerar unha gu\u00eda do viaxeiro ao reino espiritual.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">O Doutor Newton, agora retirado, formou outros hipnoterapeutas durante anos nas t\u00e9cnicas que el utiliza para inducir a regresi\u00f3n hipn\u00f3tica \u00e1 vida entre as vidas. O seu \u00faltimo libro, <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"en-US\"><i><b>Life Between Lives: Hypnotherapy for Spiritual Regression<\/b><\/i><\/span><\/span><\/span> <span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>(<\/b><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><i><b>A Vida entre Vidas: Hipnoterapia para a Regresi\u00f3n Espiritual<\/b><\/i><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>)<\/b><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">, <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">escrito para practicantes e publicado por Llewellyn Publications, \u00e9 unha gu\u00eda paso a paso na metodolox\u00eda e as palabras clave utilizadas para facilitar a regresi\u00f3n hipn\u00f3tica aos reinos espirituais. Baseado sobre todo en estudos de casos novos e m\u00e1is recentes, o libro ser\u00e1 interesante tam\u00e9n para os non practicantes familiarizados co traballo do Doutor Newton, desexosos de m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a vida entre as vidas.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Este tres libros xuntos representan a trilox\u00eda completa do que se pode describir como o progreso m\u00e1is sorprendente, transformador e innovador do co\u00f1ecemento xamais presentado \u00e1 raza humana. Nas probas cient\u00edficas de reproducibilidade m\u00e1is recentes, os resultados da investigaci\u00f3n do Doutor Newton foron verificados por outros hipnoterapeutas da Vida entre Vidas (LBL) localizados en todo o mundo.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">O Doutor Newton, psic\u00f3logo asesor, mestre hipnoterapeuta, ensinante e autor, \u00e9 tam\u00e9n o fundador da Society for Spiritual Regression, unha organizaci\u00f3n internacional creada co obxecto de formar a hipnoterapeutas experimentados nas t\u00e9cnicas utilizadas para a regresi\u00f3n \u00e1 vida entre vidas.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Segundo a informaci\u00f3n, vostede topouse coa regresi\u00f3n \u00e1 vida entre as vidas por casualidade, a trav\u00e9s dunha sesi\u00f3n rutineira dunha regresi\u00f3n con hipnose a unha vida pasada. Cales foron as circunstancias que facilitaron ese descubrimento?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Ben, un d\u00eda acudiu a min unha muller cun problema de depresi\u00f3n, dicindo que se sent\u00eda illada da sociedade e que sent\u00eda unha terrible saudade de estar cos seus vellos amigos. Pregunteille se eses vellos amigos que xa non estaban eran amigos da infancia, e dixo que non, que non os v\u00eda na s\u00faa vida ordinaria, s\u00f3 nos so\u00f1os. P\u00faxena en hipnose profunda e pregunteille se eses amigos que botaba en falta eran quiz\u00e1s persoas que co\u00f1ecese nalg\u00fan momento da s\u00faa vida adulta. \u00abNon\u00bb, dixo. Eran seica amigos de infancia que xa non estaban? \u00abNon\u00bb, dixo novamente. Comezamos daquela a explorar varias vidas pasadas e apareceron un par destes queridos amigos. Pero ela segu\u00eda dicindo que non vira a maior parte deles e que o que realmente desexaba era velos a todos xuntos. Segundo ela, isto era o que a fac\u00eda sentir tan illada. Chegados a este punto, eu non ti\u00f1a nin idea de onde estabamos e principiaba a sentirme frustrado. Non me decataba que se trataba dunha muller altamente receptiva que estaba a profundar dun modo que, como comprend\u00edn m\u00e1is tarde, era o modo apropiado de levar a unha persoa ao que eu chamo un estado supraconsciente. Sen darme conta, utilizara con ela palabras que m\u00e1is tarde descubr\u00edn que eran \u00abpalabras clave\u00bb para facilitar o proceso de regresi\u00f3n espiritual. Neste exemplo trat\u00e1base da palabra \u00abgrupo\u00bb. Finalmente pregunteille se houbera un tempo da s\u00faa existencia en que non se sentiu soa porque estaba co seu \u00abgrupo\u00bb de amigos, e inmediatamente exclamou: \u00abSi!\u00bb As\u00ed que simplemente d\u00edxenlle que fose al\u00ed e no instante seguinte, estaba cos ollos pechados e rindo, indicando cara \u00e1 parede do meu despacho e dicindo \u00abAgora estounos vendo a todos!\u00bb Pregunteille onde nos atopabamos, estabamos nunha vida pasada? \u00abNon, estou no mundo dos esp\u00edritos\u00bb, dixo. Isto abriume a porta. Xa estivera implicado en regresi\u00f3ns a vidas pasadas, algo que nunca antes utilizara na mi\u00f1a consulta\u00a0tradicional, as\u00ed se pod\u00eda dicir que estaba listo para \u00abentrar en acci\u00f3n\u00bb canto ao traballo metaf\u00edsico. Con todo, os resultados desta sesi\u00f3n produciron un cambio radical en min. Fiquei obsesionado co que ti\u00f1a sucedido, escoitando a cinta unha e outra vez, afinando con outros clientes, e lentamente este complexo crebacabezas empezou a tomar forma.\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>E a comunidade acad\u00e9mica, como recibiu o seu traballo?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Cando fixen este descubrimento de que era posible chegar \u00e1 mente e \u00e1 alma inmortal das persoas a trav\u00e9s da hipnose profunda, non lle falei a ningu\u00e9n do tema. Naturalmente, a xente coa que traballaba sab\u00edao e contoullo aos seus amigos, moitos dos cales se converteron en clientes, mais non asist\u00edn a congresos metaf\u00edsicos, non fun \u00e1s librar\u00edas na procura de material metaf\u00edsico, non quer\u00eda estar condicionado ou influ\u00eddo por nada. Sinxelamente, traballaba s\u00f3 tentando atar cabos. A maior parte da investigaci\u00f3n f\u00edxena nos anos 60 e 70, e non comecei a escribir \u00abViaxe das Almas\u00bb at\u00e9 os 80. Tomoume bastantes anos escribir o primeiro libro, porque nunca antes se escribira nada semellante e eu quer\u00eda que se comprendese ben o tema. Cando finalmente o publiquei e os meus antigos colegas o viron, pensaron que perdera a cabeza! Non pod\u00edan crelo! Alg\u00fans ficaron fascinados, sobre todo os que traballaban con hipnoterapia, mais en xeral non \u00e9 un tema que interese aos psicoterapeutas moi convencionais. A xente que realmente aceptou o meu traballo foi o p\u00fablico en xeral que quer\u00eda saber como era a vida no outro lado, cal \u00e9 o prop\u00f3sito de estarmos aqu\u00ed, por que escolleran o corpo que ti\u00f1an, etc.\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Para a maior parte da xente, tradicionalmente foi a Relixi\u00f3n quen cubriu esta necesidade de informaci\u00f3n relacionada co Al\u00e9n. Antes da s\u00faa investigaci\u00f3n ti\u00f1a crenzas relixiosas ou convicci\u00f3ns concretas?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Non, non era membro de ningunha relixi\u00f3n ou instituci\u00f3n e, francamente, sent\u00eda rexeitamento cara a elas, e dalgunha maneira a\u00ednda o sinto, a\u00ednda que respecto a fe das persoas porque \u00e9 o que nos sost\u00e9n. A mi\u00f1a vida relixiosa, tal vez, consist\u00eda na procura filos\u00f3fica e o interese pola reencarnaci\u00f3n. Poder\u00edase case dicir que era ateo e foi curioso para min pensar por que fun \u00abescollido\u00bb por quen sexa que fai a selecci\u00f3n, para facer este traballo e revelar esta informaci\u00f3n ao p\u00fablico. Non podo pensar en ningu\u00e9n menos cualificado. Con todo, desde a mi\u00f1a investigaci\u00f3n, os meus clientes d\u00e9ronme unha nova base de crenzas espirituais e eu d\u00e9bolles moito.\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Como pod\u00eda estar seguro de que o que a xente dic\u00eda era unha experiencia espiritual aut\u00e9ntica e non unha fantas\u00eda que se estivesen inventando?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Ben, unha das cousas principais que un investigador serio ha de facer, \u00e9 non suxerir nunca unha resposta a unha pregunta. Isto causa prexu\u00edzos. Eu trataba cada caso coma se estivese a escoitar a informaci\u00f3n por primeira vez. Nunca fac\u00eda preguntas do tipo: \u00abVes isto?\u00bb, sen\u00f3n m\u00e1is ben preguntaba \u00abQue \u00e9 o que ves?\u00bb. Efectivamente ao principio ti\u00f1a medo de que quiz\u00e1 a xente estivese fantaseando, a\u00ednda que sab\u00eda que na hipnose profunda isto non ocorre. A xente simplemente non fantasea. As s\u00faas mentes est\u00e1n demasiado organizadas. O que me convenceu para seguir coa investigaci\u00f3n foi a coherencia dos informes. Estaba abraiado de que, independentemente da relixi\u00f3n, cultura ou nacionalidade das persoas, en canto se encontraban en hipnose profunda, todos me dic\u00edan as mesmas cousas. Ademais, nos anos pasados formei outras persoas no mundo para que fagan este traballo, e os seus resultados son os mesmos que os meus. Esa \u00e9 unha validaci\u00f3n real e estou encantado con iso.\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Falando das convicci\u00f3ns relixiosas dos seus clientes, encontrou se as s\u00faas crenzas sofren alg\u00fan tipo de cambio despois de experimentar a s\u00faa vida entre vidas baixo hipnose?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">\u00c1s veces, cando un cristi\u00e1n, por exemplo, entra por primeira vez no reino espiritual e ve a algu\u00e9n que vai cara a el, dir\u00e1 algo como \u00abVexo a Xes\u00fas que cami\u00f1a cara a min!\u00bb Son moi paciente coas persoas, e coidadoso coas s\u00faas crenzas relixiosas. D\u00edgolles \u00abIso \u00e9 marabilloso! Deixemos que este ser se achegue un pouco m\u00e1is e dime o que ves.\u00bb Con todo, a medida que o ente se achega cambian de opini\u00f3n e din \u00abNon, non \u00e9 Xes\u00fas, \u00e9 tal persoa\u00bb, que poder\u00eda ser un amigo ou o seu gu\u00eda espiritual. Despois da sesi\u00f3n moitos se espertan chorando de alegr\u00eda, agarrando con forza as s\u00faas cintas gravadas. O que \u00e9 m\u00e1is significativo para eles \u00e9 saber que al\u00e9n de calquer ensinamento relixioso que poidan recibir, esta informaci\u00f3n ch\u00e9galles directamente a trav\u00e9s do propio banco de datos da s\u00faa memoria.\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Algunha vez experimentou persoalmente unha regresi\u00f3n \u00e1 Vida entre Vidas?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Si, mais hei de dicirlle que esperei moito tempo antes de encontrar a persoa aca\u00edda. Son moi quisquilloso. Nun dos meus programas de formaci\u00f3n, atopei unha muller psicoterapeuta moi intuitiva e h\u00e1bil, e pregunteille se estar\u00eda disposta a facerme unha sesi\u00f3n. Tiven unha sesi\u00f3n marabillosa con ela.\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Vostede, ou alg\u00fan dos seus clientes, revisaron vellos documentos para verificar vidas pasadas m\u00e1is recentes?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Alg\u00fans clientes comproban a veracidade da s\u00faa experiencia a trav\u00e9s de vellos documentos, de estaren dispo\u00f1ibles. A\u00ednda que en xeral deixo esas comprobaci\u00f3ns para o cliente, recentemente segu\u00edn eu mesmo un caso, sobre todo porque sucedeu preto de onde vivo en High Serras. Esta muller dixo que fora un membro do Grupo Donner, que se perderon nas monta\u00f1as e tiveron que recorrer ao canibalismo para sobreviviren. O centro onde isto sucedeu non est\u00e1 lonxe da mi\u00f1a casa, de maneira que puiden revisar vellos diarios e verificar o que dixera esta muller. Foi sorprendente o que ela sab\u00eda!\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Ten algunha teor\u00eda do por que, a estas alturas da historia, finalmente podemos ter acceso \u00e1 informaci\u00f3n relacionada coa nosa vida entre vidas?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Persoalmente, penso que hai dous factores activos aqu\u00ed: un \u00e9 a tremenda sobrepoboaci\u00f3n da Terra. Nunca antes na historia houbo tanta xente viva sobre a Terra, e somos como ratas nun labirinto, especialmente a xente que vive nas grandes cidades, e isto produce unha perda da identidade. Eu creo que os poderes existentes quiz\u00e1 nos permitiron a min e a outros descubrir un pouco m\u00e1is de informaci\u00f3n do que quiz\u00e1 se permitiu en \u00e9pocas anteriores por mor deste feito. A segunda raz\u00f3n, creo, \u00e9 o uso estendido de drogas. Certamente o alcol foi usado durante miles de anos. Con todo, agora os escolares de primaria te\u00f1en acceso a drogas, como a coca e a hero\u00edna, e fican drogados at\u00e9 perder o sentido. Isto \u00e9 precisamente o que os nosos gu\u00edas e mestres non queren que fagamos. A alma non pode funcionar cunha mente drogada. Non estamos aqu\u00ed para fuxirmos da realidade.\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>O seu \u00faltimo libro, <\/b><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"en-US\"><i><b>Life Between Lives: Hypnotherapy for Spiritual Regression<\/b><\/i><\/span><\/span><\/span><b> <\/b><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"en-US\"><b>(<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><i><b>Vida entre Vidas: Hipnoterapia para a Regresi\u00f3n Espiritual<\/b><\/i><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>)<\/b><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>, d\u00e1 instruci\u00f3ns detalladas para que un hipnoterapeuta poida levar a cabo regresi\u00f3ns de Vida entre Vidas. \u00c9 isto o \u00fanico que necesita un hipnoterapeuta para empezar a realizar regresi\u00f3ns de Vida entre Vidas, ou recomenda unha formaci\u00f3n adicional?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">A\u00ednda que un hipnoterapeuta experimentado poder\u00eda teoricamente utilizar o meu libro como gu\u00eda para realizar regresi\u00f3ns hipn\u00f3ticas de Vida entre Vidas, unha sesi\u00f3n real necesita entre tres e catro horas e representa un gran esforzo mental e f\u00edsico tanto para o terapeuta como para o cliente. A meirande parte de hipnoterapeutas adoitan realizar sesi\u00f3ns utilizando s\u00f3 o estado <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><i>alpha<\/i><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">, que duran uns 45 minutos. Para unha regresi\u00f3n de Vida entre Vidas o cliente ha de estar nun estado <\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><i>theta<\/i><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">, que alcanzamos xusto antes de durmirnos, e normalmente se neces\u00edta unha hora s\u00f3 para que o cliente alcance ese estado antes de que se poida nin sequera iniciar o traballo. Para este tipo de traballo prec\u00edsase un tipo especial de terapeuta. Claramente non est\u00e1 ao alcance de calquera, e eu recomendo encarecidamente unha formaci\u00f3n adicional antes de tentar inclu\u00edr a regresi\u00f3n de Vida entre Vidas na propia consulta.\u2013<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><i>Mary Arsenault \u00e9 a editora do Wisdom Magazine. Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o Doutor Michael Newton e formaci\u00f3ns previstas, vis\u00edtese esta web:<\/i><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"color: #000080\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"https:\/\/www.newtoninstitute.org\/\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"gl-ES\">https:\/\/www.newtoninstitute.org\/<\/span><\/span><\/span><\/a><\/u><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><i>Ligaz\u00f3n da entrevista orixinal en ingl\u00e9s:<\/i><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Consolas, serif\"><span style=\"font-size: small\"><span style=\"color: #000080\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"http:\/\/www.souljourneying.com\/articles\/article\/2133640\/28077.htm\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"gl-ES\">http:\/\/www.souljourneying.com\/articles\/article\/2133640\/28077.htm<\/span><\/span><\/span><\/a><\/u><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Traduci\u00f3n: Vicenzo Reboleiro Gonz\u00e1lez.<\/b><\/span><\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Mente: unha entrevista co Doutor Michael Newton, por Mary Arsenault. Wisdom Magazine. In memoriam, Michael Newton (1931-2016). M\u00e9rcores, 1 de decembro de 2004. Doutor Michael Newton. En 1994, a &hellip; <a href=\"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/la-ment-una-entrevista-amb-el-dr-michael-newton-per-mary-arsenault\/\" class=\"more-link\">Ler m\u00e1is<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;A Mente: unha entrevista co Doutor Michael Newton, por Mary Arsenault.&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":12345698,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"ngg_post_thumbnail":0,"footnotes":""},"class_list":["post-57","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/57","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12345698"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=57"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/57\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1932,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/57\/revisions\/1932"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=57"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}