{"id":362,"date":"2019-07-17T19:36:19","date_gmt":"2019-07-17T17:36:19","guid":{"rendered":"https:\/\/animaweb.cat\/?page_id=362"},"modified":"2022-12-16T20:09:22","modified_gmt":"2022-12-16T18:09:22","slug":"un-cas-de-reencarnacio-immediata-en-el-grup-familiar-terapia-de-vides-passades","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/un-cas-de-reencarnacio-immediata-en-el-grup-familiar-terapia-de-vides-passades\/","title":{"rendered":"Un caso de reencarnaci\u00f3n inmediata no grupo familiar. Terapia de Vidas Pasadas."},"content":{"rendered":"<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: x-large\"><b>Un caso de reencarnaci\u00f3n inmediata no grupo familiar. Terapia de Vidas Pasadas.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\"><b>\u00ab<\/b><\/span><span lang=\"es-ES\"><b>Un caso de reencarnaci\u00f3n inmediata no grupo familiar<\/b><\/span><span lang=\"es-ES\"><b>\u00bb.<br \/>\n<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><em>por Leopoldo Lage, Merlo, San Lu\u00eds, Arxentina.<\/em><br \/>\n<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Traduci\u00f3n: Elisa Borraz\u00e1s.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Marcela (45 anos), veu \u00e1 consulta co prop\u00f3sito de traballar a s\u00faa fobia aos cans. Hab\u00eda xa varios anos que os seus dous fillos, de doce e dez anos, lle reclamaban que quer\u00edan un can como mascota, pero Marcela t\u00ed\u00f1alles moito medo aos cans, at\u00e9 o punto de non poder cami\u00f1ar soa polo seu barrio onde hab\u00eda moitos cans soltos. Marcela desexaba liberarse dese medo tan molesto que a levaba a ter actitudes case c\u00f3micas cando se topaba con alg\u00fan can, sen importar o seu tama\u00f1o nin as circunstancias.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Marcela era a menor de d\u00faas irm\u00e1s; a s\u00faa irm\u00e1 maior lev\u00e1balle nove anos de diferenza e os seus pais faleceran hab\u00eda xa varios anos. Consultada sobre experiencias traum\u00e1ticas con cans na s\u00faa infancia ou na adolescencia, dixo non lembrar ningunha en especial.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Comezamos a terapia con Marcela induc\u00edndoa a reco\u00f1ecer os s\u00edntomas e a recrealos. A continuaci\u00f3n guieina at\u00e9 entrar na experiencia orixinal en estado de regresi\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Marcela revive ent\u00f3n unha experiencia na que ela \u00e9 un neno var\u00f3n de cinco anos que est\u00e1 a xogar s\u00f3 no patio da s\u00faa casa. A s\u00faa mam\u00e1 at\u00f3pase dentro da casa. No patio hai unha escaleira que conduce a unha terraza e, debaixo da escaleira est\u00e1 a cadela do neno coas s\u00faas cr\u00edas. Ao neno atr\u00e1enlle os cachorros e decide ir xogar con eles e ag\u00e1chase para meterse na casi\u00f1a dos cans e ent\u00f3n, a cadela l\u00e1nzaselle ao pescozo provoc\u00e1ndolle unha ferida da que sae moito sangue.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Ante os berros do neno, a s\u00faa nai acode desesperada e l\u00e9vao axi\u00f1a ao hospital no que finalmente morre mentres os doutores est\u00e1n a asistilo.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Marcela rel\u00e1tame ent\u00f3n como sae do seu corpo de neno e como ve aos seus pais chorando desesperados e aos m\u00e9dicos retir\u00e1ndolle cables, ca\u00f1os e agullas.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">A continuaci\u00f3n, Marcela falando en x\u00e9nero masculino relata como un anxo v\u00e9n buscalo dic\u00edndolle que o fixo moi ben e que o acompa\u00f1ar\u00e1 at\u00e9 a luz. O neno p\u00eddelle ao anxo que antes de marchar lle deixe ver a s\u00faa irm\u00e1 porque ela debe de estar a sufrir.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Preguntado sobre a s\u00faa irm\u00e1, o neno (Marcela) di que a s\u00faa irm\u00e1 se chama Betty, que \u00e9 m\u00e1is grande que el e que est\u00e1 no colexio.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Logo, o neno relata como ve a Betty chorando na s\u00faa habitaci\u00f3n mirando a foto del e que el quere acari\u00f1ala, pero que non pode tocala. O anxo dille que xa \u00e9 tempo de ir \u00e1 Luz e vanse, pero el dille ao anxo que est\u00e1 moi triste porque non quere deixar soa \u00e1 s\u00faa irm\u00e1.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Proseguindo co seu traballo terap\u00e9utico, Marcela sinala que o momento m\u00e1is traum\u00e1tico desta experiencia foi o ataque da cadela. As s\u00faas reacci\u00f3ns f\u00edsicas nese momento son tratar de zafarse do ataque e gritar para chamar \u00e1 s\u00faa mam\u00e1. As s\u00faas reacci\u00f3ns emocionais, nese momento, son o medo convertido en p\u00e1nico ao ver o sangue cubr\u00edndolle o corpo e as s\u00faas reacci\u00f3ns mentais son sorpresa e desesperaci\u00f3n. Marcela gritaba: \u00abquero a mi\u00f1a mam\u00e1!\u00bb.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Sobra dicir de que maneira esta experiencia a afectaba na s\u00faa vida actual como Marcela.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Outro momento traum\u00e1tico \u00e9 ter que deixar soa \u00e1 s\u00faa irm\u00e1. A s\u00faa reacci\u00f3n emocional \u00e9 unha inmensa tristeza e a s\u00faa reacci\u00f3n mental \u00e9 \u00abnon quero deixala soa\u00bb.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">At\u00e9 aqu\u00ed, poderiamos dicir que este foi un traballo normal dentro dos alcances da TVP. Fiquei moi satisfeito co traballo sen imaxinar que o m\u00e1is incrible e sorprendente a\u00ednda estaba por chegar.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Resulta que cando Marcela lle relatou \u00e1 s\u00faa irm\u00e1 maior, Beatriz, o que puido ver durante o traballo terap\u00e9utico, esta desmaiouse e, cando volveu en si, Beatriz pediulle a Marcela os meus datos de contacto porque necesitaba falar comigo de forma urxente.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Beatriz chegou \u00e1 entrevista comigo uns minutos antes do horario pactado e, ent\u00f3n, comezou a relatarme algo incrible. Beatriz contoume que ela era a irm\u00e1 maior de Marcela e que cando ela, Beatriz, ti\u00f1a oito anos, o seu irm\u00e1n menor de cinco anos, que se chamaba V\u00edctor, foi mordido pola s\u00faa cadela cando lle quixo sacar un cachorri\u00f1o. O feito ocorreu debaixo da escaleira que levaba \u00e1 terraza da casa e, como consecuencia da mordida que lle perforou unha arteria do pescozo, o seu irm\u00e1n faleceu no hospital mentres o atend\u00edan. Este feito foi tan doloroso para toda a familia, que nunca m\u00e1is se falou dese irm\u00e1n falecido.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Ao mes dese terrible episodio, a nai de Beatriz deuse conta de que estaba embarazada de Marcela. Ao principio, iso foi outro impacto terrible para toda a familia, pero co correr dos meses do embarazo unha inmensa felicidade comezou a invadir a familia e todos, sen excepci\u00f3n, sentiron que o baleiro deixado por V\u00edctor estaba a ser ocupado por Marcela.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Beatriz relatoume tam\u00e9n que, durante os anos de infancia de Marcela, esta ti\u00f1a actitudes estra\u00f1as como, por exemplo, colocar un xogo m\u00e1is de cubertos na mesa para \u00abo seu irmanci\u00f1o\u00bb, o cal provocaba moito desconcerto na familia dado que os seus pais ped\u00edronlle a Beatriz que xamais lle contase \u00e1 s\u00faa irm\u00e1 este feito doloroso. Beatriz xuroume que nunca lle falou da existencia dese irm\u00e1n e moito menos sobre as circunstancias da s\u00faa morte, o cal \u00e9 comprens\u00edbel por tratarse dun t\u00edpico caso de segredo familiar celosamente gardado.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Por outra banda, os pais de Beatriz eran inmigrantes rusos que apenas falaban castel\u00e1n e non ti\u00f1an familia na Arxentina, o cal fac\u00eda m\u00e1is remota a posibilidade de que Marcela se enterase por alg\u00fan terceiro. M\u00e1is a\u00ednda, logo daquel desgraciado suceso a familia mudouse a outra casa porque non aturaban ver o patio que lles lembraba aquel amargo episodio, as\u00ed pois Marcela nin sequera co\u00f1eceu a casa onde sucedera o accidente.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">Actualmente, Beatriz adora a Marcela. L\u00e9vanse moi ben e est\u00e1n moi unidas.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">A experiencia de Marcela levoume a min mesmo \u00e1 conclusi\u00f3n de que se trata dun caso de reencarnaci\u00f3n inmediata dentro do mesmo grupo familiar, algo que eu nin me imaxinaba que puidese suceder pero que evidentemente abre un abano de posibilidades para investigar e conxecturar sobre a vida e a morte. <\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span lang=\"es-ES\">\u00c9 interesante sinalar que Marcela, ao deixar o seu corpo como neno, non quer\u00eda deixar soa \u00e1 s\u00faa irm\u00e1 malia a insistencia do anxo para que regresase \u00e1 Luz. Talvez, este desexo de acompa\u00f1ar \u00e1 s\u00faa irm\u00e1 foi o que a fixo regresar ou reencarnarse en forma inmediata.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Como terapeuta e como corolario desta historia podo dicir que Marcela superou o seu medo aos cans e, a\u00ednda que non se achega moito \u00e1 mascota dos seus fillos, hoxe est\u00e1 feliz porque os seus fillos poden gozar do seu pequeno Caniche Toy.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Ligaz\u00f3n do artigo en castel\u00e1n no blog \u00abPublicaci\u00f3ns e experiencias\u00bb de Leopoldo Lage, do xoves, 29 de Setembro de 2011:<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span style=\"color: #000080\"><span lang=\"zxx\"><u><a class=\"western\" href=\"http:\/\/notasleopoldolage.blogspot.com\/2011\/09\/un-caso-de-reencarnacion-inmediata-en.html\"><span style=\"color: #000000\"><span lang=\"es-ES\">http:\/\/notasleopoldolage.blogspot.com\/2011\/09\/un-caso-de-reencarnacion-inmediata-en.html<\/span><\/span><\/a><\/u><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Ligaz\u00f3n do artigo en castel\u00e1n no blog \u00abTerapia de Vidas Pasadas, Jos\u00e9 Lu\u00eds Cabouli\u00bb:<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><span style=\"color: #000080\"><span lang=\"zxx\"><u><a class=\"western\" href=\"https:\/\/www.vidaspasadas.com.ar\/articulos\/un%20caso.html\"><span style=\"color: #000000\"><span lang=\"es-ES\">https:\/\/www.vidaspasadas.com.ar\/articulos\/un%20caso.html<\/span><\/span><\/a><\/u><\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"es-ES\" style=\"text-align: center\" align=\"right\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Agradecemento especial ao doutor Leopoldo Lage e a Jos\u00e9 Luis Cabouli.<\/span><\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un caso de reencarnaci\u00f3n inmediata no grupo familiar. Terapia de Vidas Pasadas. \u00abUn caso de reencarnaci\u00f3n inmediata no grupo familiar\u00bb. por Leopoldo Lage, Merlo, San Lu\u00eds, Arxentina. Traduci\u00f3n: Elisa Borraz\u00e1s. &hellip; <a href=\"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/un-cas-de-reencarnacio-immediata-en-el-grup-familiar-terapia-de-vides-passades\/\" class=\"more-link\">Ler m\u00e1is<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Un caso de reencarnaci\u00f3n inmediata no grupo familiar. Terapia de Vidas Pasadas.&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":12345698,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"ngg_post_thumbnail":0,"footnotes":""},"class_list":["post-362","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/362","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12345698"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=362"}],"version-history":[{"count":16,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/362\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2240,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/362\/revisions\/2240"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=362"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}