{"id":34,"date":"2018-01-17T23:09:15","date_gmt":"2018-01-17T21:09:15","guid":{"rendered":"http:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/?page_id=34"},"modified":"2023-02-15T20:26:51","modified_gmt":"2023-02-15T18:26:51","slug":"jose-luis-cabouli-vaig-voler-ser-un-cirurgia-danimes","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/jose-luis-cabouli-vaig-voler-ser-un-cirurgia-danimes\/","title":{"rendered":"Jos\u00e9 Lu\u00eds Cabouli: \u00abQuixen ser un cirurxi\u00e1n de almas\u00bb."},"content":{"rendered":"<p align=\"center\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: x-large\"><b>Jos\u00e9 Lu\u00eds Cabouli: \u00abQuixen ser un cirurxi\u00e1n de almas\u00bb.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>\u00abQuixen ser un cirurxi\u00e1n de almas\u00bb.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright wp-image-781 size-full\" title=\"La Naci\u00f3n. Logo.\" src=\"https:\/\/animaweb.cat\/files\/2020\/01\/La_Nacion_Logotip_72ppp_200x21px.png\" alt=\"La Naci\u00f3n. Logo.\" width=\"200\" height=\"21\" \/>Por Lu\u00eds Aubele. Entrevista publicada no diario \u00abLa Naci\u00f3n\u00bb, Buenos Aires, 22\u201103\u20112009.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<figure id=\"attachment_53\" aria-describedby=\"caption-attachment-53\" style=\"width: 200px\" class=\"wp-caption alignnone\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-53 size-full\" title=\"Jos\u00e9 Luis Cabouli. Foto: La Naci\u00f3n.\" src=\"https:\/\/animaweb.cat\/files\/2018\/01\/Jose_Luis_Cabouli_La_Nacion.jpg\" alt=\"Jos\u00e9 Luis Cabouli. Foto: La Naci\u00f3n.\" width=\"200\" height=\"133\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-53\" class=\"wp-caption-text\">Jos\u00e9 Luis Cabouli. Foto: La Naci\u00f3n.<\/figcaption><\/figure>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b><span style=\"color: #000000\">Traduci\u00f3n: Vicenzo Reboleiro Gonz\u00e1lez.<\/span><\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">\u00abQue fun antes de ser Jos\u00e9 Lu\u00eds?\u00bb, comezou a preguntarse cando ti\u00f1a 8 anos. O curioso \u00e9 que daquela nunca ti\u00f1a ouvido falar de reencarnaci\u00f3n; non s\u00f3 non sab\u00eda o que era, sen\u00f3n que nin sequera co\u00f1ec\u00eda a palabra. \u00abS\u00f3 uns anos m\u00e1is tarde, entre os 15 e os 16, souben de que se trataba. As\u00ed e todo, tiveron que pasar 20 anos m\u00e1is, cando xa era un cirurxi\u00e1n pl\u00e1stico con anos de exercicio, para que entendese que a reencarnaci\u00f3n pod\u00eda ter unha finalidade terap\u00e9utica\u00bb, lembra Jos\u00e9 Lu\u00eds Cabouli, m\u00e9dico e terapeuta especializado en Terapia de Vidas Pasadas.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">\u00abEn realidade, nunca abandonei o tema, continuei estud\u00e1ndoo, sempre como algo interesante, a\u00ednda que paralelo \u00e1 mi\u00f1a vida profesional. \u00c9 que, contra o que se adoita crer, os cirurxi\u00e1ns temos profundas preocupaci\u00f3ns espirituais. Estamos permanentemente en contacto con cousas transcendentes como son a vida e a morte dos seres humanos\u00bb, apunta.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Cabouli dita seminarios no pa\u00eds, Chile, Uruguai, M\u00e9xico e Espa\u00f1a. \u00c9 autor de varios libros, entre outros: <span lang=\"es-ES\"><i>La vida antes de nacer<\/i><\/span> (\u00abA vida antes de nacer\u00bb), <span lang=\"es-ES\"><i>El trabajo del alma<\/i><\/span> (\u00abO traballo da alma\u00bb), <span lang=\"es-ES\"><i>El viaje del alma<\/i><\/span> (\u00abA viaxe da alma\u00bb) e <span lang=\"es-ES\"><i>Terapias de vidas pasadas<\/i><\/span> (\u00abTerapia de vidas pasadas\u00bb).<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Como chega a deixar a cirurx\u00eda pola terapia de vidas pasadas?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">En 1988 tiven un problema laboral, un desencontro, e non quixen loitar por un posto que xa non me importaba. Renunciei e sentinme liberado, con m\u00e1is tempo para min, e decid\u00edn pasar uns d\u00edas de vacaci\u00f3ns na praia de Ostende (Arxentina). Unha noite, despois de comer, tomei unha hamaca e fun meditar debaixo das estrelas. Recordo que estaba preto dunha casa que Arturo Frondizi constru\u00edra na s\u00faa mocidade co seu pai e irm\u00e1ns. E de s\u00fapeto, non podo describir exactamente que ocorreu, sent\u00edn que a mi\u00f1a profesi\u00f3n de cirurxi\u00e1n xa non me interesaba e que perante min se abr\u00eda outro cami\u00f1o e decid\u00edn dedicarme \u00e1 terapia, quixen ser un cirurxi\u00e1n de almas. Non lembro m\u00e1is detalles, por\u00e9n nun instante decid\u00edn mudar totalmente o rumbo da mi\u00f1a vida. Isto levoume a comprender que cando un non fai o que ten que facer, a vida f\u00f3rzao a facer o que ten que facer.\u2013<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Que \u00e9 a terapia de vidas pasadas?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Consiste en traermos a concienc\u00eda episodios traum\u00e1ticos que est\u00e1n reprimidos no inconsciente e que provocan desaxustes na vida coti\u00e1. Traelos e revivilos con todos os sentimentos que desencadearon, non simplemente contalos. O primeiro paso para comprendermos a terapia de vidas pasadas \u00e9 entendermos que o tempo non existe. O tempo lineal, cronol\u00f3xico, medible, \u00e9 unha convenci\u00f3n, un acordo que fixemos para poder manexarnos. En realidade, nunca ningu\u00e9n tivo un segundo na s\u00faa man. Mesmo hai distintos calendarios: maya, hebreo, etc\u00e9tera. E non o inventei eu, o mesm\u00edsimo Sigmund Freud expl\u00edcao cando sost\u00e9n que o inconsciente \u00e9 atemporal. Con todo, hai algo m\u00e1is.\u2013<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Por exemplo?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">A segunda cousa que hai que entender \u00e9 o que se denomina atrapamento da conciencia. Cando reaccionamos sen podermos evitalo perante determinada situaci\u00f3n, \u00e9 porque nun nivel inconsciente est\u00e1 a revivirse unha experiencia sen resolver que ficou atrapada e que se activou pola s\u00faa similitude coa situaci\u00f3n presente. Imaxinemos unha muller que ten terror de subir a un barco, porque a\u00ednda est\u00e1 atrapada e loita nas augas xeadas na noite do 14 de abril de 1912, cando se afundiu o Titanic. Ou algu\u00e9n que non pode subir a un elevador porque sente claustrofobia e no pasado foi soterrado vivo, algo bastante com\u00fan nunha \u00e9poca, ou morreu no derrube dunha mina.\u2013<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Como un profesional de formaci\u00f3n cient\u00edfica chega a interesarse por unha terapia tan f\u00f3ra do com\u00fan?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">\u00c9 que en ning\u00fan momento abandonei o m\u00e9todo cient\u00edfico, o cami\u00f1o dos tres alicerces: observaci\u00f3n, experimentaci\u00f3n e comprobaci\u00f3n. Observar o fen\u00f3meno e facer as experiencias necesarias para comprobarmos a s\u00faa verdade. A terapia de vidas pasadas ten moitos puntos en com\u00fan coa psicolox\u00eda cl\u00e1sica. En ambos os casos tr\u00e1tase de facermos consciente o inconsciente, como tam\u00e9n recalcaba Freud. Coa diferenza de que a terapia de vidas pasadas busca ampliar o horizonte transcendendo a infancia, o nacemento ou o estado fetal, e chegando a encarnaci\u00f3ns anteriores.\u2013<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Casos que lembre?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">En Espa\u00f1a atend\u00edn a unha muller que lles ti\u00f1a terror \u00e1s serpes. Non se pod\u00eda nin nomealas na s\u00faa presenza porque comezaba a berrar desesperadamente. Na terapia reviviu que fora unha moza que \u00eda por un cami\u00f1o con s\u00faa nai, cando apareceu unha serpe venenosa, unha cobra que se balanceaba diante delas con lingua ameazante. A nai trataba de distraer a v\u00edbora mov\u00e9ndose cara a un lado, mais ent\u00f3n, ao quedar a nena soa, a serpe picouna e a moza morreu. Revivir ese momento liberou a muller, e ao d\u00eda seguinte chamoume para contarme que perdera o medo aos r\u00e9ptiles, que pensaba ir ao zool\u00f3gico e que far\u00eda algo que nunca ter\u00eda imaxinado: visitar o serpentario.\u2013<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Alg\u00fan outro?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Unha muller, ao revivir o seu nacemento, exclamou: Mais, esta non \u00e9 a mi\u00f1a nai! Non sab\u00eda que era adoptada. Hai casos nos que o paciente descobre ser a reencarnaci\u00f3n dun irm\u00e1n maior, que morreu ao nacer.\u2013<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Que \u00e9 para vostede a reencarnaci\u00f3n?\u2013<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Para min \u00e9 unha realidade, unha experiencia, a\u00ednda que comprendo perfectamente que haxa xente que non pense o mesmo.\u2013<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Ligaz\u00f3n da entrevista orixinal en castel\u00e1n dentro do sitio web de \u00abTerapia de Vidas Pasadas\u00bb:<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: large\"><span style=\"color: #000080\"><span lang=\"zxx\"><u><a href=\"https:\/\/www.vidaspasadas.com.ar\/articulos\/entrevista2.html\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span lang=\"es-ES\">https:\/\/www.vidaspasadas.com.ar\/articulos\/entrevista2.html<\/span><\/span><\/a><\/u><\/span><\/span><\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jos\u00e9 Lu\u00eds Cabouli: \u00abQuixen ser un cirurxi\u00e1n de almas\u00bb. \u00abQuixen ser un cirurxi\u00e1n de almas\u00bb. Por Lu\u00eds Aubele. Entrevista publicada no diario \u00abLa Naci\u00f3n\u00bb, Buenos Aires, 22\u201103\u20112009. Traduci\u00f3n: Vicenzo Reboleiro &hellip; <a href=\"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/jose-luis-cabouli-vaig-voler-ser-un-cirurgia-danimes\/\" class=\"more-link\">Ler m\u00e1is<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Jos\u00e9 Lu\u00eds Cabouli: \u00abQuixen ser un cirurxi\u00e1n de almas\u00bb.&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":12345698,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"ngg_post_thumbnail":0,"footnotes":""},"class_list":["post-34","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/34","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12345698"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=34"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/34\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2400,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/34\/revisions\/2400"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=34"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}