{"id":278,"date":"2018-09-10T12:30:48","date_gmt":"2018-09-10T10:30:48","guid":{"rendered":"https:\/\/animaweb.cat\/?page_id=278"},"modified":"2022-12-16T20:25:42","modified_gmt":"2022-12-16T18:25:42","slug":"respectar-els-individus-de-les-altres-condicions-el-testimoni-develyn","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/respectar-els-individus-de-les-altres-condicions-el-testimoni-develyn\/","title":{"rendered":"Respectar os individuos doutras condici\u00f3ns. O testemu\u00f1o de Evelyn."},"content":{"rendered":"<p align=\"center\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: x-large\"><b>Respectar os individuos doutras condici\u00f3ns. O testemu\u00f1o de Evelyn.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-434 size-full\" title=\"Same Soul, Many Bodies: Discover the Healing Power of Future Lives through Progression Therapy. Cover. English.\" src=\"https:\/\/animaweb.cat\/files\/2019\/08\/Doctor_Brian_Weiss_Same_Soul_Many_Bodies_cover_English.jpg\" alt=\"Same Soul, Many Bodies: Discover the Healing Power of Future Lives through Progression Therapy. Cover. English.\" width=\"180\" height=\"271\" \/>Este caso do Doutor Brian Weiss pertence a unha paciente que aqu\u00ed toma o nome de Evelyn, onde se evidencia a necesidade de aprender a respectar as persoas que pertencen a un colectivo alleo.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Segundo o Doutor Weiss, \u00e9 frecuente que os individuos que odiaron a persoas doutra condici\u00f3n se reencarnen posteriormente en persoas que pertencen xustamente a esa condici\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">O labor do terapeuta neste caso consiste en axudar a identificar, mediante a t\u00e9cnica da regresi\u00f3n, a orixe do conflito, que foi descuberto nunha vida pasada. M\u00e1is adiante, suxire realizar progresi\u00f3ns a hipot\u00e9ticas encarnaci\u00f3ns futuras, o resultado das cales var\u00eda en funci\u00f3n da actitude do paciente ante o reto exposto.<\/span><\/span><\/p>\n<hr \/>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>O testemu\u00f1o de Evelyn.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Evelyn dedic\u00e1base \u00e1s fusi\u00f3ns e as adquisici\u00f3ns; \u00e9 dicir, que o seu traballo consist\u00eda en axudar a d\u00faas empresas a unirse ou a unha delas comprar a outra. Cando as compa\u00f1\u00edas eran grandes, as ofertas adoitaban ser de centos de mill\u00f3ns de d\u00f3lares, e os honorarios que cobraba a empresa para a que traballaba Evelyn ti\u00f1an polo xeral sete cifras. Ela recib\u00eda un soldo considerable que, moitas veces, dobr\u00e1base ou triplic\u00e1base ao sumarlle as bonificaci\u00f3ns de final de ano, coas que se lle recompensaba o aumento na facturaci\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Ter\u00eda uns trinta e cinco anos, era delgada e fisicamente atractiva, co pelo negro e moi curto, case o estereotipo dunha executiva nova. Cando acudiu a verme, a s\u00faa roupa reflect\u00eda o nivel do seu \u00e9xito: chaqueta e bolso de Chanel, pano de Herm\u00e8s, zapatos de Gucci, reloxo Rolex e colar de diamantes. Con todo, cando a mirei aos ollos (cousa que non resultaba f\u00e1cil, xa que os apartaba en canto se decataba de que a observaba) detectei tristeza; a luz proced\u00eda dos diamantes que rodeaban o seu pescozo, non da s\u00faa expresi\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Necesito axuda, \u2013pediume no momento en que nos saudamos.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Sentou e empezou a retorcer nerviosa as s\u00faas mans no colo. Enseguida me dei conta de que ti\u00f1a tendencia a falar con oraci\u00f3ns afirmativas sinxelas enunciadas en voz alta, que quedaban pouco natural.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Son infeliz.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">F\u00edxose o silencio. \u2013Siga, \u2013rogueille.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Ultimamente perd\u00edn toda a mi\u00f1a alegr\u00eda.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">A frase soaba estra\u00f1amente formal. Lembrei que era unha cita de Hamlet. \u00c1s veces os pacientes utilizan palabras prestadas para non ter que recorrer \u00e1s s\u00faas propias. \u00c9 un mecanismo de defensa, unha forma de ocultar os sentimentos. Esperei a que seguise.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Tardou un intre.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Antes encant\u00e1bame o meu traballo. Agora non o soporto. Antes quer\u00eda ao meu marido. Agora estamos divorciados. Cando te\u00f1o que velo, case non son quen de miralo \u00e1 cara.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Cando comezou ese cambio?, preguntei.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Ao comezaren os atentados suicidas en Israel.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Aquela resposta absolutamente inesperada deixoume pasmado. \u00c1s veces, os cambios de humor que supo\u00f1en o paso da felicidade \u00e1 depresi\u00f3n te\u00f1en a s\u00faa orixe no falecemento dun dos pais (o de Evelyn, segundo souben despois, morrera sendo ela unha nena), a perda do traballo (desde logo, ese non era o seu problema) ou as secuelas dunha longa enfermidade (ela gozaba de excelente sa\u00fade f\u00edsica). Os atentados suicidas, a non ser que un sexa atacado directamente, son, por dicir algo, un detonante pouco habitual.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Botouse a chorar.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Pobres xudeus. Pobres xudeus. \u2013Tomou aire e as b\u00e1goas pararon. \u2013Os \u00e1rabes son uns cabr\u00f3ns!<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Pareceume algo an\u00f3malo que unha palabra as\u00ed sa\u00edse da s\u00faa boca, e daba unha idea da rabia que hab\u00eda detr\u00e1s.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Daquela, vostede \u00e9 xud\u00eda?, \u2013preguntei.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Dos p\u00e9s \u00e1 cabeza.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">E os seus pais? Eran tan fervorosos como vostede?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Non. Non eran moi relixiosos. Eu tampouco, a verdade. E non lles importaba Israel. Para min, \u00e9 o \u00fanico pa\u00eds que importa, e os \u00e1rabes teiman en destru\u00edlo.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">E o seu home?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Boh!, di que \u00e9 xudeu, pero Israel tam\u00e9n lle trae sen coidado. \u00c9 unha das raz\u00f3ns polas que lle odio. \u2013Fitoume con hostilidade, quiz\u00e1s porque mantiven a calma malia a vehemencia da s\u00faa paix\u00f3n. \u2013Mire, perd\u00edn o apetito. Non me apetece a comida, nin o sexo, nin o amor, nin o traballo. S\u00edntome frustrada e insatisfeita. Non consigo durmir. Agora necesito psicoterapia. Vostede ten boa reputaci\u00f3n. Ax\u00fademe.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Para descubrir de onde proceden a rabia e a ansiedade?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Quero recuperar a felicidade, \u2013Sentenciou baixando a cabeza. \u2013Vou ao cinema, vou de compras, voume \u00e1 cama\u2026 e s\u00f3 penso no moito que odio os \u00e1rabes. Odio a ONU. Xa sei que fixeron cousas boas, pero est\u00e1n dominados por antisemitas. Todos os votos van en contra de Israel. Son consciente de que esaxero. Sei que deber\u00edan importarme outras cousas, pero \u00e9 que eses cabr\u00f3ns dos \u00e1rabes como poden matar a beb\u00e9s xudeus? Como van importarme outras cousas?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">***<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Probamos a psicoterapia convencional, explorando a s\u00faa infancia nesta vida, pero as causas da rabia e a ansiedade que sufr\u00eda non parec\u00edan estar a\u00ed. Aceptou tentar unha regresi\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Volva ao momento e ao sitio no que xurdiu por primeira vez a s\u00faa ira,\u2013 requir\u00edn en canto entrou nun estado hipn\u00f3tico profundo. Non quixen orientala m\u00e1is. Ela mesma elixir\u00eda o tempo e o lugar.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Estou na Segunda Guerra Mundial,\u2013 anunciou cunha voz grave e masculina, sentada moi erecta e con xesto de incredulidade. \u2013Son un oficial nazi, membro das SS. Te\u00f1o un bo traballo. Ded\u00edcome a supervisar a carga de xudeus nos vag\u00f3ns de gando que ir\u00e1n a Dachau, onde van morrer. Se alg\u00fan tenta fuxir, p\u00e9golle un tiro. Non me gusta facelo. Non \u00e9 que me importe matar a unha desas alima\u00f1as, sen\u00f3n que non me gusta perder unha bala. Son caras. Orden\u00e1ronnos aforrar munici\u00f3n sempre que for pos\u00edbel.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Aquela despiadada lada\u00ed\u00f1a contradic\u00edase co horror mal disimulado da s\u00faa voz e o lixeiro tremor que prendeu no seu corpo. Como oficial alem\u00e1n, poida que non sentise nada pola xente que mataba, pero como Evelyn, sufr\u00eda un aut\u00e9ntico tormento.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Descubr\u00edn que a forma m\u00e1is segura de acabar reencarnado como membro dun grupo concreto de persoas (xa sexa unha relixi\u00f3n, unha raza, unha nacionalidade ou unha cultura) \u00e9 odialo nunha vida anterior, demostrar prexu\u00edzos ou violencia contra ese grupo. Non me sorprendeu que Evelyn fose nazi. A s\u00faa vehemente postura proisrael\u00ed nesta vida era unha compensaci\u00f3n polo antisemitismo do pasado, que ela acabou convertendo nunha sobrecompensaci\u00f3n. O odio que ti\u00f1a sentido polos xudeus transformouse nunha animadversi\u00f3n igual de intensa cara aos \u00e1rabes. Non era de estra\u00f1ar que estivese ansiosa, frustrada e deprimida. Non ti\u00f1a avanzado demasiado na s\u00faa traves\u00eda cara \u00e1 sa\u00fade.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">***<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Despois pasou a outra parte da s\u00faa vida como alem\u00e1n. O ex\u00e9rcito aliado entrara en Polonia e ela morrera na fronte durante unha encarnizada batalla. Na s\u00faa avaliaci\u00f3n vital, tras morrer naquela existencia, sentiu remorsos e unha culpa tremenda, pero necesitaba volver para confirmar que aprendera a lecci\u00f3n e para resarcir a todos os que prexudicara como oficial das SS.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Todos somos almas, todos formamos parte da alma \u00fanica, todos somos iguais, sexamos alem\u00e1ns ou xudeus, cristi\u00e1ns ou \u00e1rabes, pero, ao parecer, Evelyn non aprendera esta lecci\u00f3n. O seu odio non desaparecera.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Imos facer un experimento, \u2013propuxen tras devolvela ao presente. \u2013An\u00edmase?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Aceptou encantada.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">P\u00faxose c\u00f3moda, as s\u00faas mans contiveron o seu xogo ansioso. Miroume con expectaci\u00f3n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Creo que somos capaces de influ\u00edr nas nosas vidas futuras a trav\u00e9s das nosas acci\u00f3ns nesta, \u2013comecei. \u2013Neste mesmo intre, vostede est\u00e1 a influ\u00edr na s\u00faa vida futura coa rabia que sente cara aos \u00e1rabes, do mesmo xeito que o seu antigo odio polos xudeus influ\u00edu na outra. Agora, o que quero \u00e9 que realice unha progresi\u00f3n at\u00e9 a que probabelmente ser\u00e1 a s\u00faa pr\u00f3xima vida, se segue o mesmo rumbo da actualidade, se segue sendo a Evelyn de hoxe, se a persoa que veu pedirme axuda non muda.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Leveina at\u00e9 un estado hipn\u00f3tico profundo e guieina at\u00e9 unha vida futura que tivese conexi\u00f3ns coa vida do oficial alem\u00e1n e coa vida actual, marcada polas s\u00faas ideas anti\u00e1rabes. Ti\u00f1a os ollos pechados, pero era evidente que v\u00edan con total nitidez.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Son unha moza musulm\u00e1. Son \u00e1rabe. Unha adolescente. Estou nunha chabola feita de latas, como as dos bedu\u00ednos. Vivo aqu\u00ed dende sempre.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Onde est\u00e1 esa chabola?? \u2013preguntei.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Engurrou o entrecello.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Nos territorios palestinos ou en Xordania. Non se ve con claridade. As fronteiras cambiaron.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Cando sucedeu iso?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Cambian constantemente. Pero todo o demais segue igual. A guerra contra os xudeus non acabou. Sempre que hai un per\u00edodo de paz, os radicais estr\u00e1gana; por iso somos pobres. Sempre seremos pobres. \u2013A s\u00faa voz cobrou un ton \u00e1spero. \u2013\u00c9 culpa dos xudeus, que son ricos e non nos axudan. Somos as s\u00faas v\u00edtimas.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Pedinlle que avanzase nesa vida \u00e1rabe, pero morreu pouco despois \u00abdunha enfermidade\u00bb e non foi capaz de engadir nada m\u00e1is. En cambio, puido albiscar a vida posterior a esa. Era un home cristi\u00e1n e viv\u00eda na \u00c1frica oriental. Estaba moi enfadado polo aumento da poboaci\u00f3n hind\u00fa na rexi\u00f3n. (\u00c9 incrible, pensei, os prexu\u00edzos nunca morren) Na s\u00faa avaliaci\u00f3n vital, reco\u00f1eceu que sempre houbera e sempre \u00eda haber algu\u00e9n a quen odiar, pero polo menos naquel momento produciuse, por fin, unha epifan\u00eda.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">O amor e a compaix\u00f3n son os ant\u00eddotos contra o odio e a rabia,\u2013 asegurou cunha voz cargada de asombro. \u2013A violencia s\u00f3 serve para perpetuar o sufrimento.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Cando a fixen regresar ao presente, falamos do que aprendera. Sab\u00eda que ti\u00f1a que modificar as s\u00faas ideas preconcibidas cara a outros pobos e outras culturas. Ti\u00f1a que mudar o odio pola comprensi\u00f3n. Eses conceptos son f\u00e1ciles de entender mentalmente, pero non de asimilar como forma de conduta.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Necesitou d\u00faas vidas posibles para interiorizalo, \u2013sinalei. \u2013Pero, e se puidese acelerar o cambio agora que captou o concepto no presente? Como ser\u00edan daquela, as s\u00faas vidas futuras?<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">***<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Na nosa seguinte sesi\u00f3n, Evelyn fixo unha progresi\u00f3n at\u00e9 unha vida futura na que relacionaba a do oficial alem\u00e1n coa s\u00faa rabia actual.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Esta vez imos probar algo distinto, \u2013exp\u00faxenlle. \u2013Ten que desligarse de todos os prexu\u00edzos da s\u00faa existencia actual. Ten que ver todas as almas e todas as persoas como iguais, como seres conectados entre si pola enerx\u00eda espiritual do amor.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Invadiuna unha gran calma. Polo visto, o seu futuro cambiara completamente. Non atopou vidas en Palestina nin en \u00c1frica oriental, sen\u00f3n o seguinte:<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\u2013<span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Son a directora dun hotel de Hawai. Tam\u00e9n \u00e9 balneario. Levo un hotel e un balneario preciosos. Hai flores por todas partes. Os clientes proceden de todo o mundo, de pa\u00edses e culturas distintos. Ve\u00f1en para atopar unha enerx\u00eda rexenerativa. Non resulta dif\u00edcil, porque o balneario est\u00e1 moi ben administrado e o emprazamento \u00e9 espl\u00e9ndido.\u2013 Sorriu ante a visi\u00f3n. \u2013Te\u00f1o moita sorte, podo gozar das instalaci\u00f3ns todo o ano.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Por descontado, imaxinarse como directora dun balneario fant\u00e1stico nun lugar precioso rodeado de aroma de hibisco \u00e9 unha fantas\u00eda moi agradable. O que viu Evelyn nesa viaxe ao futuro poder\u00eda ser perfectamente unha ilusi\u00f3n, unha proxecci\u00f3n, ou unha visualizaci\u00f3n dos seus desexos. Cando retrotraigo a algu\u00e9n, \u00e1s veces resulta complicado distinguir entre recordo real e met\u00e1fora, entre imaxinaci\u00f3n e s\u00edmbolo. No entanto, nas vidas pasadas visualizadas disponse dun indicio de autenticidade cando unha persoa fala un idioma que nunca aprendeu nesta (fen\u00f3meno que se co\u00f1ece como xenoglosia), o cal indica que est\u00e1 a ofrecer detalles hist\u00f3ricos fieis. Outro indicio \u00e9 que o recordo provoque unha emoci\u00f3n intensa. Nas progresi\u00f3ns, en cambio, as emoci\u00f3ns intensas son moi habituais, pero a validaci\u00f3n resulta moito m\u00e1is dif\u00edcil. Traballo sobre a base de que, a\u00ednda que unha progresi\u00f3n non poida comprobarse, non deixa de ser unha eficaz ferramenta de curaci\u00f3n. Si, \u00e9 posible que se dean met\u00e1foras e fantas\u00edas, pero o importante \u00e9 que o paciente sane. Coas regresi\u00f3ns e as progresi\u00f3ns, os s\u00edntomas desaparecen, as enfermidades remiten, a ansiedade, a depresi\u00f3n e o medo quedan mitigados.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Ningu\u00e9n atopou a\u00ednda unha forma de confirmar que o futuro imaxinado vaia a suceder realmente. Os poucos que seguiron o meu ronsel neste campo de investigaci\u00f3n at\u00f3panse de forma inevitable con esa ambig\u00fcidade. \u00c9 certo que, se un paciente realiza unha progresi\u00f3n cara a un momento futuro da s\u00faa vida actual, o que vexa pode confirmarse cando se cumpra, pero mesmo neses casos cabe a posibilidade de que, ao albiscar o paciente o seu futuro, decida encami\u00f1ar a s\u00faa vida nesa direcci\u00f3n concreta; o mero feito de que unha visi\u00f3n sexa produto da fantas\u00eda non impide que o suxeito poida facela realidade.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Os pacientes sentan ante min cos ollos pechados. Todo o que lles pasa pola cabeza, xa sexa unha met\u00e1fora, un s\u00edmbolo, unha fantas\u00eda ou un recordo real, contrib\u00fae ao proceso de curaci\u00f3n. Esa \u00e9 a base da psican\u00e1lise e tam\u00e9n do traballo que realizo, a\u00ednda que o espectro da mi\u00f1a actividade \u00e9 m\u00e1is amplo, xa que abarca o pasado remoto e o futuro. Desde a mi\u00f1a perspectiva de sanador, o feito de que as visi\u00f3ns de Evelyn sobre o sucedido no pasado e o que est\u00e1 por vir sexan reais ou non carece de importancia. \u00c9 probable que a s\u00faa vida como oficial alem\u00e1n fose certa, xa que o seu recordo foi acompa\u00f1ado de intensa emoci\u00f3n. E sei de certo que as s\u00faas visi\u00f3ns de existencias futuras tiveron unha forte influencia na s\u00faa vida, xa que lle transmitiron algo: se non cambias, vas repetir este ciclo destrutivo de agresor e de v\u00edtima, pero, se d\u00e1s un golpe de tem\u00f3n, podes rompelo. As s\u00faas distintas visi\u00f3ns do futuro ensin\u00e1ronlle que pod\u00eda determinar o seu porvir mediante o exercicio do libre albedr\u00edo. E que o momento de empezar a polo en pr\u00e1ctica era o presente inmediato.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Evelyn decidiu non esperar \u00e1 s\u00faa pr\u00f3xima vida para experimentar a curaci\u00f3n e para ofrecerlla aos demais. Aos poucos meses da nosa \u00faltima sesi\u00f3n, deixou o seu traballo na empresa e abriu unha casa de turismo rural no estado de Vermont. Adoita practicar ioga e meditaci\u00f3n. Tanto en aparencia como no seu interior, librouse profundamente da rabia e os prexu\u00edzos que a atenazaban. As progresi\u00f3ns permit\u00edronlle alcanzar a felicidade que buscaba cando recorreu a min. E eu descubr\u00edn nela un modelo da forza da progresi\u00f3n e unha maior seguridade para utilizala como instrumento terap\u00e9utico.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\">Brian Weiss. <i>Same Soul, Many Bodies<\/i> (<i>Moitos corpos, unha mesma alma<\/i><i>)<\/i>. Primeira edici\u00f3n castel\u00e1 en r\u00fastica da Editorial Zeta. P\u00e1xinas 65 a 74.<br \/>\n<\/span><\/span><span style=\"font-family: Times New Roman, serif\"><span style=\"font-size: large\"><b>Traduci\u00f3n: Elisa Borraz\u00e1s.<\/b><\/span><\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Respectar os individuos doutras condici\u00f3ns. O testemu\u00f1o de Evelyn. Este caso do Doutor Brian Weiss pertence a unha paciente que aqu\u00ed toma o nome de Evelyn, onde se evidencia a &hellip; <a href=\"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/respectar-els-individus-de-les-altres-condicions-el-testimoni-develyn\/\" class=\"more-link\">Ler m\u00e1is<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Respectar os individuos doutras condici\u00f3ns. O testemu\u00f1o de Evelyn.&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":12345698,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"ngg_post_thumbnail":0,"footnotes":""},"class_list":["post-278","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/278","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12345698"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=278"}],"version-history":[{"count":33,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/278\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2243,"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/278\/revisions\/2243"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/animaweb.blog.pangea.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=278"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}