Respectar os individuos doutras condicións. O testemuño de Evelyn.
Este caso do Doutor Brian Weiss pertence a unha paciente que aquí toma o nome de Evelyn, onde se evidencia a necesidade de aprender a respectar as persoas que pertencen a un colectivo alleo.
Brian Weiss. Same Soul, Many Bodies (Moitos corpos, unha mesma alma). Primeira edición castelá en rústica da Editorial Zeta. Páxinas 65 a 74.
Tradución: Elisa Borrazás.
Tipos de karma, karma colectivo, fama, obxectivo e perdón. Citas dos sabios.
A través do corpo dos pacientes do doutor Brian Weiss sometidos a regresión hipnótica, non só se pode acceder ao pasado da súa alma en busca dun feito traumático, se non que tamén almas de diferentes sabios ou mestres poden intervir para transmitir ao terapeuta explicacións acerca da evolución espiritual.
Brian Weiss. Lazos de amor. Primeira edición castelá en rústica da Editorial Vergara. Páxinas 91-93.
Tradución: Elisa Borrazás.
Á comprensión pola experiencia.
O doutor en Psiquiatría Brian Weiss narra as súas pesquisas iniciais na procura de referencias sobre a reencarnación, tralos seus primeiros pasos na técnica de terapia de vidas pasadas.
Brian Weiss. Through Time into Healing (A través do tempo). Tradución da primeira edición castelá en rústica da Editorial Vergara, páxinas 45 a 50.
Tradución: Elisa Borrazás.
Un caso de reencarnación inmediata no grupo familiar. Terapia de Vidas Pasadas.
Marcela (45 anos), veu á consulta co propósito de traballar a súa fobia aos cans. Había xa varios anos que os seus dous fillos, de doce e dez anos, lle reclamaban que querían un can como mascota, pero Marcela tíñalles moito medo aos cans, até o punto de non poder camiñar soa polo seu barrio onde había moitos cans soltos. Marcela desexaba liberarse dese medo tan molesto que a levaba a ter actitudes case cómicas cando se topaba con algún can, sen importar o seu tamaño nin as circunstancias (…).
por Leopoldo Lage, Merlo, San Luís, Arxentina.
Tradución: Elisa Borrazás.
Testemuño de Amy. Caso de suicidio e paso pola biblioteca dos Libros da Vida.
No seguinte relato, unha paciente do Doutor Michael Newton, que aquí toma o nome de Amy, revive unha vida pasada na cal se suicida por atoparse solteira, embarazada e perder a súa parella nun accidente na Inglaterra victoriana. A súa alma queda estancada uns cen anos dedicada a reflexionar sobre o que fixo, ata que accede a unha biblioteca dos Libros da Vida. Alá establece un diálogo coa alma dun dos bibliotecarios, un experto mestre que a axuda a continuar o seu camiño de evolución espiritual (…).
Doutor Michael Newton. Destino de las almas. Un eterno crecimiento espiritual (Destino das almas. Un eterno crecemento espiritual). Páxinas 93-100.
Tradución: Elisa Borrazás.
Katia. Caso Clínico.
Mércores, 1 de Outubro de 2014. Terapeuta: Doutora Viviana Zenteno.
Katia (45) comprende nesta regresión o motivo dunha renuncia amorosa. Anos atrás ela era libre, mais el non, e era unha figura pública.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.
Testemuño de Cristina. Un pacto coa escuridade.
A paciente, que neste relato toma o nome de Cristina, sofre varios bloqueos á hora de poder levar a cabo os seus propósitos na súa vida actual. Coa axuda do terapeuta ela visualiza unha vida pasada onde se xeraron estes síntomas, cando foi un home que establece un pacto coa escuridade para conseguir poder e aceptación social polos membros dunha seita. Cristina, asistida polo terapeuta, pode desfacer o pacto que a limitaba, sanar os males realizados e resolver os bloqueos a que estaba suxeita (…).
Doutor José Luís Cabouli. Atrapamento e recuperación da alma. Terapia de vidas pasadas: Un novo paradigma. Edicións Continente. Páxinas 123 a 134.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.
Testemuño de Orfeo. Terapia de posesión espiritual.
O paciente que aquí toma o nome de Orfeo saíu dunha sesión onde superou un pacto coa escuridade dunha vida anterior. Na sesión presente o terapeuta detecta a presenza de diferentes entidades desencarnadas que entraron dentro do paciente, aproveitando o seu estado anterior. O terapeuta dialoga con cada unha destas entidades que se manifestan utilizando a voz e as cordas vocais de Orfeo, axudándoas a atopar o camiño da Luz. Deste xeito, liberan o seu hóspede de trastornos e poden volver retomar o ciclo de encarnacións sucesivas.
Doutor José Luís Cabouli. Terapia da posesión espiritual. Técnica e práctica clínica. Edicións Continente. Páxinas 270 a 285.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.
Caso de aborto. Terapia da posesión espiritual.
«A BEG (Bioelectrografía) corresponde a unha muller de trinta e cinco años que perdeu un embarazo de tres meses como consecuencia dun accidente. A muller refería medo e culpa porque o accidente se debeu a unha imprudencia súa. A BEG foi obtida durante a sesión de regresión, xusto no momento en que a paciente expresou o seguinte: “Neste momento sinto que o bebé está dentro da miña cabeza” (…)».
Imaxe da BEG: Raúl Torres, do libro do Doutor José Luís Cabouli. Terapia de la posesión espiritual. Técnica y práctica clínica (Terapia da posesión espiritual. Técnica e práctica clínica). Editorial Índigo. Página 397.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.