Testemuño de Orfeo en galego.

Testemuño de Orfeo en galego.

Bandeira galega animada.Informámosvos que os falantes de lingua galega xa teñen á sua disposición o testemuño de Orfeo, pertencente ao libro «Terapia de la posesión espiritual», do Doutor José Luís Cabouli.

É un caso dun paciente que nunha sesión anterior rompera un pacto coa escuridade establecido nunha vida anterior, mais tiña diferentes entidades habitando o su corpo etérico. Mediante o traballo conxunto entre terapeuta e paciente, este último presta as suas cordas vocais para que as entidades que o habitan podan, sucesivamente, dialogar co terapeuta. Este infórmaas e fainas conscientes da súa situación presente, axudándoas a que se dirixan cara á luz e continuar o seu ciclo de encarnacións sucesivas.

Este caso foi escollido polo Doutor Cabouli para ser publicado dentro do noso sitio web. Agradecemos unha vez máis este ofrecemento ao Doutor Cabouli e o bo labor de tradución ao Profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González.

Equipo do sitio web «En cuerpo y alma».
Mércores, 5 de maio del 2022.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina traducida ao galego:

Testemuño de Orfeo. Terapia de posesión espiritual.
O paciente que aquí toma o nome de Orfeo saíu dunha sesión onde superou un pacto coa escuridade dunha vida anterior. Na sesión presente o terapeuta detecta a presenza de diferentes entidades desencarnadas que entraron dentro do paciente, aproveitando o seu estado anterior. O terapeuta dialoga con cada unha destas entidades que se manifestan utilizando a voz e as cordas vocais de Orfeo, axudándoas a atopar o camiño da Luz. Deste xeito, liberan o seu hóspede de trastornos e poden volver retomar o ciclo de encarnacións sucesivas.
Doutor José Luís Cabouli. Terapia da posesión espiritual. Técnica e práctica clínica. Edicións Continente. Páxinas 270 a 285.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Testemuño de Cristina en galego.

Testemuño de Cristina en galego.

Bandeira galega animada.Informámosvos que os falantes de lingua galega xa teñen á súa disposición o testemuño de Cristina, pertencente ao libro «Atrapamiento y recuperación del alma», do Doutor José Luís Cabouli.

Trátase dun caso onde unha paciente está bloqueada nos seus progresos na vida actual e revive un pacto coa escuridade realizado nunha vida anterior.Trátase dunha situación relativamente frecuente entre os pacientes do Doutor Cabouli e é por este motivo que este caso foi escollido polo terapeuta para ser publicado dentro do noso sitio web. Agradecemos unha vez más este ofrecemento ao Doutor Cabouli, así como o bo labor de tradución realizado polo profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González.

Equipo do sitio web «En cuerpo y alma».
Mércores, 6 de Abril de 2022.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina traducida ao galego:

Testemuño de Cristina. Un pacto coa escuridade.
A paciente, que neste relato toma o nome de Cristina, sofre varios bloqueos á hora de poder levar a cabo os seus propósitos na súa vida actual. Coa axuda do terapeuta ela visualiza unha vida pasada onde se xeraron estes síntomas, cando foi un home que establece un pacto coa escuridade para conseguir poder e aceptación social polos membros dunha seita. Cristina, asistida polo terapeuta, pode desfacer o pacto que a limitaba, sanar os males realizados e resolver os bloqueos a que estaba suxeita (…).
Doutor José Luís Cabouli. Atrapamento e recuperación da alma. Terapia de vidas pasadas: Un novo paradigma. Edicións Continente. Páxinas 123 a 134.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Caso de aborto. Texto en galego dunha infografía.

Caso de aborto. Texto en galego dunha infografía.

Bandeira galega animada.Temos à disposición dos internautas en lingua galega a páxina co texto da infografía (BEG) dunha paciente que perdera o bebé estando embarazada, debido a un accidente involuntario.

Agredecemos ao Doutor José Luís Cabouli as facilidades aportadas e ao Profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González a tradución do texto ao galego.

Equipo da web «En cuerpo y alma».
Mércores, 1 de Decembro de 2021.
Tradución da entrada: Vicenzo Reboleiro González.

Enlace da páxina en lingua galega:

Caso de aborto. Terapia da posesión espiritual.
«A BEG (Bioelectrografía) corresponde a unha muller de trinta e cinco años que perdeu un embarazo de tres meses como consecuencia dun accidente. A muller refería medo e culpa porque o accidente se debeu a unha imprudencia súa. A BEG foi obtida durante a sesión de regresión, xusto no momento en que a paciente expresou o seguinte: “Neste momento sinto que o bebé está dentro da miña cabeza” (…)».
Imaxe da BEG: Raúl Torres, do libro do Doutor José Luís Cabouli. Terapia de la posesión espiritual. Técnica y práctica clínica (Terapia da posesión espiritual. Técnica e práctica clínica). Editorial Índigo. Página 397.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

(Català) Curs bàsic de teràpia regressiva (TVP) amb el Doctor José Luis Cabouli. 4, 5 i 6-2-2022. En línia via Zoom.

Sentímolo moito, ista entrada atopase unicamente en Català, Castellano et English.