Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para «La Nación» en galego.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para «La Nación» en galego.

Bandeira galega animada.Informámosvos que temos á disposición dos internautas de lingua galega a tradución a este idioma da entrevista concedida ao Doutor José Luís Cabouli para o rotativo arxentino «La Nación». Cada unha das diferentes entrevistas dispoñibles está accesible desde a páxina de Entrevistas, en cada unha das linguas existentes no noso sitio web.

La Nación. Logo.Neste texto, o Doutor Cabouli relata como decidiu abandonar a cirurxía do corpo para pasar á que el denomina cirurxía da alma. Posteriormente foi perfeccionando a súa técnica, tanto na Terapia de Vidas Pasadas (TVP) como na Terapia de la Posesión Espiritual (TPE), que ficou reflectida na evolución dos seus diferentes libros.

Agradecemos ao profesor Vicenzo Reboleiro González esta tradución, que amplía o coñecemento desta realidade na lingua de Eduardo Pondal.

Equipo del sitio web «En cuerpo y alma».
Domingo, 1 de Agosto de 2021.
Tradución de la entrada: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación vos informamos da ligazón da entrevista dispoñible en galego:

José Luís Cabouli: «Quixen ser un cirurxián de almas».
Por Luís Aubele. Entrevista publicada no diario «La Nación», Buenos Aires, 22‑03‑2009.
«Que fun antes de ser José Luís?», comezou a preguntarse cando tiña 8 anos. O curioso é que daquela nunca tiña ouvido falar de reencarnación; non só non sabía o que era, senón que nin sequera coñecía a palabra. «Só uns anos máis tarde, entre os 15 e os 16, souben de que se trataba. Así e todo, tiveron que pasar 20 anos máis, cando xa era un cirurxián plástico con anos de exercicio, para que entendese que a reencarnación podía ter unha finalidade terapéutica», lembra José Luís Cabouli, médico e terapeuta especializado en Terapia de Vidas Pasadas (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para «La Verdad» en galego.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para «La Verdad» en galego.

Bandeira galega animada.Os internautas en lingua galega dispoñen a partir de agora da entrevista que lle foi concedida polo rotativo La Verdad ao Doutor José Luís Cabouli.

Nesta entrevista, enterámonos que, con frecuencia, se dan casos de almas de irmáns que morreran e que tentan volver nacer dos mesmos pais.

Agradecemos esta tradución ao profesor Vicenzo Reboleiro González, que fai posible que esta páxina se poda ler na lingua de Rosalía de Castro.

Equipo del sitio web «En corpo e alma».
Venres, 16 de Xulio de 2021.
Tradución de entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación vos informamos da ligazón da entrevista dispoñible en galego:

José Luís Cabouli: «Hai casos de xente coa alma de irmáns mortos».
La Verdad (A Verdade). Venres, 25 de maio de 2012.
O experto utiliza unha técnica de regresión a vidas pasadas para resolver conflitos e problemas psicolóxicos dos seus pacientes (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para El Periódico de Cataluña en galego.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para El Periódico de Cataluña en galego.

Bandeira galega animada.Os internautas en lingua galega teñen traducida a partir de agora a entrevista que lle foi concedida ao Doutor José Luís Cabouli para o rotativo El Periódico de Cataluña.

Na entrevista, o terapeuta aplica a metáfora segundo a cal nós somos o chofer dun coche que vai mudando de vehículo en cada encarnación.

Agradecemos ao profesor Vicenzo Reboleiro González esta tradución, que aumenta a dispoñibilidade das páxinas do noso sitio web dentro deste ámbito lingüístico.

Equipo do sitio web «En cuerpo y alma».
Venres, 9 de Xullo de 2021.
Tradución de entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación vos informamos da ligazón da entrevista dispoñible en galego:

José Luís Cabouli: «A alma é o chofer; o corpo, o vehículo».
El Periódico de Catalunya (O Xornal de Catalunya). Mércores, 8 de outubro de 2008.
José Luís Cabouli practica a Terapia das Vidas Pasadas. É médico e cirurxián da alma. Asume que existe a reencarnación e traballa con pacientes que arrastran traumas doutras vidas (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista ao Doutor Brian Weiss para a revista Athanor en galego.

Entrevista ao Doutor Brian Weiss para a revista Athanor en galego.

Bandeira galega animada.Temos á disposición de todos os internautas de lingua galega a entrevista que concedeu o Doutor Brian Weiss para a Revista Athanor e que foi publicada no seu número de Setembro-Outubro de 2002.

Agradecemos ao profesor Vicenzo Reboleiro González esta tradución que estará a partir de agora á disposición dos falantes da fermosa lingua de Castelao.

Con esta tradución chega mais lonxe o coñecemento dunha das máis importantes escolas de terapeutas da alma, encabezada por este Doutor en Psiquiatría nacido na Costa Leste dos Estados Unidos.

Equipo do sitio web «En corpo e alma».
Domingo, 13 de Xuño de 2020.
Tradución de entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación informámosvos da ligazón da entrevista dispoñible en galego:

Regreso á Paz. Entrevista a Brian Weiss.
Revista Athanor. Número 35. Setembro-outubro de 2002. Páxinas 15-18.
Entrevistador: Josep Agustín. Intérprete: Loto Perrella. Fotógrafa: Natalia Campoy.
Como estar en paz cun mesmo e, por conseguinte, con todo, é quizá a fórmula máxica máis procurada desde sempre polo ser humano. Ao ser recibido polo doutor Brian Weiss no hotel e durante toda a entrevista, fomos acompañados pola tranquilidade, o bo humor e o carácter atento desta persoa (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.